6/6/09

ERA UNHA FESTA

Froito da colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Carlos Casares de Viana do Bolo nace este corto, como homenaxe a unha profesión xa case desaparecida e como lembranza duns tempos difíciles para unha persoa cega, nos que poucas alternativas tiña, sendo unha delas a música.


30/5/09

Fallado o "II Certame de relato curto O CONTO DA VIDA"

Reunido o xurado deste "II Certame de relato curto O CONTO DA VIDA", decide premiar os seguintes autores e traballos:

Categoría A

1º premio: Inés Ortega, por "Memorias duns tempos difíciles"
2º preimo: Araceli Macías García, por "O avó"
3º premio: Lorena Prieto Fernández, por "A prisioneira dos pensamentos"

Categoría B

1º premio: Pablo Alonso Rodríguez, por "A noite infinda"
2º premio: Pablo Sánchez González, por "Crime na mansión"
3º premio: Álvaro Bermúdez Yáñez, por "Horizonte relativo"

A entrega de premios faráse durante algún dos descansos das obras de teatro da Mostra deste ano e os traballos gañadores publicaranse nesta revista, no "Cantón literario". Felicidades non só ós premiados senón a todos os participantes, e ata a terceira edición.

25/5/09

V Mostra de Teatro Escolar

Xa chegou o momento de desfrutar co teatro. Neste 2009 a "V Mostra de Teatro Escolar Viana do Bolo" achegaranos de novo ó teatro para todos e todas do 15 ó 19 de xuño, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, e en horario de 09:30 a 14:00 horas. De novo os centros escolares máis próximos ó Carlos Casares (tanto en distancia coma en espírito teatreiro) se darán cita entre "bambalinas".

Ver programa de actuacións.

Proxecto Inmersión Lingüística 21-22 maio 2009


O alumnado do primeiro ciclo da ESO vén de facer unha viaxe de dous días á cidade da Coruña no marco do Proxecto de Inmersión Lingüística organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Actividades Complementarias Extraescolares. Magnífica a visita á Coruña e o resto de actividades organizadas polo IES Agra do Orzán (A Coruña), a quen agradecemos a boa acollida e mandamos un saúdo.

25/3/09

II certame de relato curto "O CONTO DA VIDA"

Logo da posta en marcha o pasado curso deste certame literario, o ENDL vén de publicar a convocatoria para a segunda edición do mesmo. Desta volta vai dirixida a rapaces e rapazas que cursen ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou PCPI en centros educativos galegos. Podedes consultar aquí as bases. Animádesvos a participar?

17/3/09

Os problemas de marzo

Xa tedes nos taboleiros do instituto a tanda de problemas correspondentes ó mes de marzo no concurso "UN MES, UN QUEBRATESTAS", organizado conxuntamente polo Departamento de Matemáticas e o Equipo de Normalización. Animádevos a participar, que hai bos premios (consulta as bases na entrada anterior).

Saúdos.

3/12/08

Un mes, un quebratestas



O Departamento de Matemáticas, en colaboración co ENDL, organiza esta actividade para todo o alumnado do IES Carlos Casares. Resolve problemas, adiviñas, xeroglifos... Busca mes a mes a solución ás propostas. Os premios son moi interesantes. Consulta as bases para participar e empeza xa a traballar nos problemas de Nadal - Xaneiro. Animo e a participar. Súbete á onda!
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
IES CARLOS CASARES - VIANA DO BOLO (OURENSE)